Pataca de Galicia (I.X.P.)

Patata de GaliciaCoido que o pobo galego mantívose ó longo da historia, e da prehistoria, gracias ó caldo e ó leite. Vencellado ó caldo está, xa ora, o porco, parente do xabarín… e dalgúns máis.

Se vostedes piden nun restaurante un prato de caldo (prato humilde que non se atopa doadamente) verá que ten patacas, cortadas e cocidas; é dicir, os tubérculos da Solanum tuberosum. E cavilando un pouco, pensa un que as patacas viñeron de América e, xa que logo, os galegos non puideron utilizalas ata o século dezaseis, a lo menos.

Patata de GaliciaPero é que denantes non facían o caldo sen engadirlle un sustitutivo da pataca. Este sustitutivo foi a castaña. E aínda se fai nalgures caldo de castañas.

As castañas chamabanse balocas, e nalgús sitios chámanse hoxendía balocas ás patacas. De Rianxo para abaixo, por exemplo.

As patacas galegas teñen unhas especiais cualidades organolépticas asegún as comarcas onde se cultivan e o abono empregado. Para a semente non hai coma a Limia, pero o verdadeiramente importante é que a pataca úsase en Galicia para ducias de pratos coma ingrediente principal, e acompañamento doutras moitas ducias máis.

© OLAF – 10 de Decembro de 2002

Scroll ao inicio