Pementos de Herbón (Padrón) (D.O.P.)

Pimientos de HerbónOs pementos de Padrón (Herbón), cos de Arnoia, son os máis afamados de Galicia.

Estes pementos que se recollen en Santa María de Herbón, Padrón, e nas beiras do Ulla, son pequenos, verdes, remangados, nachos e de sabor exquisito. De cando en vez un deles sae picante e proe, deica o ponto de que non se xulga falla de etiqueta deixalo da boca no prato. Pero sen ese dez por cento de pementos picóns, os pementos de Padrón perderían a gracia que os fai feiticeiros.

Cando crecen xa son máis longos e picudos. Tamén medra o tanto por cento de picantes, e deixándoos na planta chegan a seren bermellos.

A mellor maneira de comelos é fritidos. Coma “tapa” se atopan na súa época nos bares, e se collen polo rabo para levalos á boca, tendo a man a taza co viño polo que poida pasar.

Nas casas e nos restaurantes, tamén fritidos os pementos, son unha goarnición de peixes e carnes, ou forman parte do xantar, normalmente en empanada, con berberechos, con liscas de cerdo curado ou cocido, e co que a imaxinación da cociñeira queira acompañalos.

Anque algúns presumen delo, niguén sabe o pemento que pica ou o que non, e cando novas as plantas, se levan a criar a terras alleas a súa orixe, perden parte do seu sabor e proen moitos máis.

© OLAF – 10 de Decembro de 2002

Scroll ao inicio