Salgar as xoubas con sal groso e mantelas así durante unha ou dúas horas.
Mentres tanto, facer os cachelos (ver receita) e mantelos quentes
Unha vez que a prancha estea quente, sacudir o exceso de sal das xoubas e poñelas na prancha.
Facelas 3-4 minutos por cada lado, dependendo do tamaño.
Retirar e servir cos cachelos.
Video
Notes
As xoubas con cachelos son iguais ás sardiñas á prancha con cachelos,un dos pratos galegos máis típicos do verán. Ásanse nunha placa de ferro sobre as brasas e sempre fóra por mor do cheiro. Ao que non lle importe e teña cheminea ou lume de leña dentro de casa pode facelas no interior. Non é o meu caso porque vivo nun piso pero quen dixo medo?Fíxenas, neste caso, xoubas limpas e sen escamas, con cachelos, cuxo cheiro é menos persistente. Como non é cuestión de prenderlle lume á cociña por unhas xoubas con cachelos, fíxenas nunha prancha eléctrica que produce o efecto máis semellante á calor das brasas sobre a prancha de ferro. Se este tipo de prancha non está dispoñible, pódense facer na tixola.Ollo! non se usa aceite. Un consello: pechar todas as portas da casa e colocar ao máximo a campá extractora.Para ver como se fan os cachelos, aínda que se explican no vídeo, remítoche á receita correspondente .Por certo, estaban deliciosas!!