Sardiñas asadas con cachelos

Calories: 738.09kcal
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 24 sardiña
- sal groso
- 6 pataca
- 1 folla loureiro
Instrucións paso a paso
- É aconsellable que as sardiñas estean moi frescas, mellor se son do día.
- Sálganse con bastante sal gordo unha ou dúas horas antes de as asar, o que se fai nunha prancha sobre as brasas. Pode facerse no forno pero non quedan tan sabrosas e o cheiro que deixan en toda a casa tarda “un pouco” en se esvaecer.
- Mentres, póñense a cocer as patacas moi limpas e sen pelar, cortadas en dous anacos, con auga que as cobra ata a metade, sal e unha folla de loureiro.
- Cando falte pouco para que estean cocidas, escórrese a auga e rematan de facerse no forno ou a carón das brasas nun cacharro resistente á calor.
- Todo pode acompañarse, tamén, duns pementos de Padrón, que lle van moi ben.
Nutrición
Calorías: 738.09kcal | Carbohidratos: 44.73g | Proteínas: 61.62g | Graxa: 35.53g | Graxa saturada: 0.07g | Colesterol: 127.68mg | Sodio: 1759.47mg | Potasio: 1848.03mg | Fibra: 5.68g | Azucre: 1.99g | Vitamina A: 524.56IU | Vitamina C: 50.35mg | Calcio: 974.57mg | Ferro: 4.46mg