Bonito á prancha con cachelos

Calories: 627.29kcal
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 4 toros bonito
- 1 cdiña perexil picado
- ½ vaso viño branco
- 3 cda aceite de oliva
- 2 dente allo moi picado
- 1 chorriño vinagre
- 8 pataca
- 1 folla loureiro
- sal
Instrucións paso a paso
- Facer unha vinagreta co perexil, o viño, o aceite, o allo e o vinagre, mesturando ben
- Adobar os trozos de bonito con esta salsa e deixar así durante unha hora.
- Mentres, cocer as patacas, ben lavadas e sen pelar, nunha pota con auga, sal e a folla de loureiro. Cando estean listas, escorrer e conservar quentes.
- Quentar a prancha (se non se dispón dunha pode facerse en tixola), escoar o bonito, salgalo e poñer na prancha ata que estea feito.
- Sérvese acompañado das patacas sen lles quitar a pel.
Nutrición
Calorías: 627.29kcal | Carbohidratos: 60.87g | Proteínas: 46.66g | Graxa: 19.16g | Graxa saturada: 3.68g | Colesterol: 64.6mg | Sodio: 1251.58mg | Potasio: 1889.41mg | Fibra: 7.58g | Azucre: 2.96g | Vitamina A: 3735.6IU | Vitamina C: 67.61mg | Calcio: 62.84mg | Ferro: 4.68mg