Arroz negro

Calories: 645.48kcal
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 1 taza arroz
- 2 ½ tazas caldo de peixe
- 1 lura grande
- ½ cebola
- 1 dente allo
- 1 porro pequeno
- 2 cda salsa de tomate
- 4 g tinta de choco concentrada
- perexil picado
- aceite de oliva
Instrucións paso a paso
- Pícanse as verduras e refóganse nun pouco de aceite de oliva.
- Cando están brandas engádese o calamar, limpo e cortado, e refógase todo xunto.
- Agrégase o arroz, que tamén se refoga uns segundos, e logo incorpóranse as dúas culleradas de salsa de tomate, o caldo de peixe, a tinta de calamar e o pirixel picado.
- Déixase cocer, primeiro a lume forte e logo moi suave, e en 20 minutos ten que estar listo.
Nutrición
Calorías: 645.48kcal | Carbohidratos: 88.93g | Proteínas: 19.38g | Graxa: 22.83g | Graxa saturada: 3.37g | Colesterol: 174.75mg | Sodio: 1301.39mg | Potasio: 448.94mg | Fibra: 2.54g | Azucre: 5.72g | Vitamina A: 1466.03IU | Vitamina C: 11.5mg | Calcio: 83.38mg | Ferro: 2.51mg