Berberecho
Cientificamente o Marolo chámase Cardium tuberculatum. Este nome e semellante ó que lle dan en Italia de “cuore tuberculato”.
O Marolo ten unha cuncha equivalva, e moi forte, coa cima no centro. As valvas teñen máis de vinte costelas, saíntes e con espiñas romas nas marxes.
A charnela, articulación das valvas dos moluscos acéfalos, ten dous dentes anteriores laterais, e un posterior na valva dereita.
É de color branco-marrón e vive nas praias de area fangosa ou cascallo, ata unha ducia de metros de profundidade.
De sabor mariñán non abondan en tódolos areais. Na ría do Burgo, en A Coruña, cóllense coa man a carón da praia de Sta. Cristina.
Emporiso, convén depuralos
© OLAF – 10 de Decembro de 2002