Broa

BoronaEn realidade, dicir “Pan de broa” é o mesmo que dicir “Pan de pan” porque “broa” deriva da verba céltica “bron”, que significa “pan”.

A broa é o pan feito con fariña de millo, e abonda con dicir broa para sabermo-lo que é sen engadir “pan”. Outra cousa é cando para face-la broa se lle bota á fariña de millo outra fariña non de maínzo (normalmente de trigo), porque entón non se chama broa senón “pan mesturado”.

A broa faise coma o pan de trigo. Cando se lle engaden outras cousas (o que é moi común facelo nas casas) coma leite, azucre, ovos, etc., xa non é broa: é un pan de millo tirando a biscoito ou lambetada.

Para facer unha boa broa hai que peneirar moi ben a fariña para esfarela-la como é debido. A miudo esto non se fai axeitadamente, e a broa se esfarangulla nas mans.

Como é lóxico, podemos dicir que a broa é “moderna” anque o seu nome sexa céltico, porque xa sabemos que o millo veu de América.

© OLAF – 10 de Decembro de 2002

Scroll ao inicio