Miña nai era unha cociñeira marabillosa. Supoño que todos nós, ou polo menos a maioría, pensamos iso de nosas nais. No meu caso é certo; de feito, o meu home pensa o mesmo. Aínda que todo lle saía moi ben, unha das cousas máis salientables era o caldo de grelos que xa era espeso e sabía “a vello” dende o momento en que remataba de facelo.
Miña nai sempre facía o caldo de grelos (ou nabizas se non era tempo de grelos), nunca, que eu lembre, o fixo de repolo e non estou moi certa canto das verzas. Os outros ingredientes eran as fabas, que deixara en remollo a noite anterior, as patacas e, por suposto, un anaco de unto. Para os que non saibades o que é, o unto é a graxa que cubre as tripas do porco que se afuma e deixa enranciar. Na casa, un caldo sen unto non era caldo.
Miña nai nunca utilizaba auga soa para facer o caldo. Sempre utilizaba o caldo coado que resultaba de facer o cocido; cocido que sempre levaba, lacón, chourizos e tenreira e, case sempre, costela, touciño, orella… Resultaba, xa que logo, un caldo moi substancioso e contundente, de tal xeito que moitas veces era o prato único na mesa.
De feito, as fotos da galería, das que pedimos desculpas pola súa calidade, corresponden a un vídeo caseiro de miña nai facendo o caldo.
Unha advertencia: miña nai sempre cociñaba a ollo, así que non é posible saber as cantidades exactas do utilizado. As que aparecen aquí calculeinas eu, tamén a ollo, segundo ía vendo o vídeo. E tamén a ollo calculei o número de comensais tendo en conta as seguintes variables: o tamaño da pota, que ela estaba afeita a cociñar para oito e sempre sobraba, e que no momento de facer o vídeo xa non eramos tantos na casa.