Crema de acelgas

Calories: 222.75kcal
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 300 g acelga
- 400 g pataca
- 600 g caldo de ave
- 1 cebola
- 1 dente allo
- aceite de oliva
- sal
- pementa
Instrucións paso a paso
- Pícanse a cebola e o allo e refógase a lume moi lento no aceite.
- Cando estean listos engádenselles as acelgas picadas, as patacas troceadas, o sal, a pementa e cúbrese co caldo de ave.
- Déixase cocer ata que a pataca estea lista (o tempo dependerá da calidade da pataca).
- Tritúrase todo e tamizase por un coador.
Nutrición
Calorías: 222.75kcal | Carbohidratos: 50.33g | Proteínas: 7.48g | Graxa: 0.58g | Graxa saturada: 0.14g | Sodio: 1533.99mg | Potasio: 1506.1mg | Fibra: 8g | Azucre: 8.1g | Vitamina A: 9823.61IU | Vitamina C: 88.63mg | Calcio: 118.49mg | Ferro: 4.48mg