Pasta con gambas en salsa negra

Calories: 441.98kcal
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 400 g pasta
- 150 g gamba peladas
- 2 dente allo
- ½ cebola
- 4 g tinta de choco concentrada
- perexil picado
- fariña
- viño branco
- aceite de oliva
- sal
Instrucións paso a paso
- Cocer a pasta en abundante auga con sal e reservar.
- Prepárase a salsa negra dourando a cebola moi picada en aceite de oliva.
- Cando estea ben pasada engádeselle unha cullerada de fariña, un vaso de viño branco, sal, a tinta de sepia e o pirixel ben picado.
- Déixase reducir ata ligar ben a salsa, engadindo máis viño ou auga se fose necesario.
- En aceite de oliva saltéanse os allos laminados coas gambas peladas, un pouco de viño branco e a pasta cocida.
- Sérvense nun prato aderezando coa salsa negra.
Nutrición
Calorías: 441.98kcal | Carbohidratos: 76.13g | Proteínas: 13.22g | Graxa: 8.53g | Graxa saturada: 1.25g | Sodio: 1169.52mg | Potasio: 241.32mg | Fibra: 3.37g | Azucre: 3.08g | Vitamina A: 1.27IU | Vitamina C: 0.82mg | Calcio: 25.13mg | Ferro: 1.41mg