Castañas cocidas

Calories: 196kcal
As castañas cocidas, tradicionais en Galicia, eran a base nutritiva dos galegos ata o século XVIII no que, para combater a fame, se impón o uso da pataca chegada de América.
Moitas receitas indican que han cocerse coa casca, pero na miña casa sempre se coceron sen ela. A segunda pel, que se as castañas están no seu punto sae moi ben, sacábase ao comelas.
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 400 g castaña
- anís en gran
- sal
Instrucións paso a paso
- Sácaselles a cáscara ás castañas, deixando a pel interior.
- Póñense a cocer nunha pota con abundante auga, cun pouco de sal e uns grans de anís.
- Déixanse cocer aproximadamente 30 minutos (pinchar cun coitelo para comprobar o punto).
- Ao rematar a coción hai que escoalas ben deixándoas ao calor na mesma pota para para que termine de evaporarse a auga.
Nutrición
Calorías: 196kcal | Carbohidratos: 44.17g | Proteínas: 1.63g | Graxa: 1.25g | Graxa saturada: 0.23g | Sodio: 2mg | Potasio: 484mg | Vitamina A: 26IU | Vitamina C: 40.2mg | Calcio: 19mg | Ferro: 0.94mg
