Chícharos con xamón

Calories: 310.45kcal
Un prato moi rico que resulta moi rápido de facer se utilizamos chícharos en conserva. Persoalmente, gústanme máis que os conxelados. O ideal, por suposto, é facer a receita con chícharos frescos se estamos en tempada.
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 300 g chícharos cocidos ou en conserva
- 150 g xamón serrano
- 3 dente allo
- aceite de oliva
Instrucións paso a paso
- Refogar os allos fileteados en aceite de oliva quente e cando estean dourados, engadir os taquiños de xamón, os chícharos cocidos e deixar que quente todo xunto.
- Sérvese no momento.
Nutrición
Calorías: 310.45kcal | Carbohidratos: 23.16g | Proteínas: 24.59g | Graxa: 13.21g | Graxa saturada: 4.6g | Colesterol: 46.5mg | Sodio: 898.51mg | Potasio: 598.54mg | Fibra: 7.75g | Azucre: 8.55g | Vitamina A: 1147.9IU | Vitamina C: 61.41mg | Calcio: 50.89mg | Ferro: 2.94mg