Empanada de bacallau

Empanada de bacallau

Prato: Aperitivo, Primeiro prato
Cociña: Galega
Keyword: bacallau, empanada
Calorías: 903.17kcal

Preparación: 1 hour
Tempo de cocción: 35 minutes
Total Time: 1 hour 35 minutes
Persoas 6 persoas

Ingredientes

Recheo

  • 1 kg bacallau desalgado
  • 3 pemento encarnado
  • 3 cebola

Masa

  • 100 g aceite de oliva de preparar o recheo
  • 50 g leite tibia
  • 20 g fermento de panadaría
  • 350 g fariña
  • 2 ovo para pintar
  • 125 g auga tibia
  • sal

Instrucións paso a paso

Recheo

  • Prepárase o recheo da empanada cos pementos e a cebola cortados en xuliana e o bacallau desmigado. Masa

Masa

  • Prepárase a masa da empanada co aceite sobrante de guisa-lo recheo (100 cc.), o lévedo de panadería, 125 cc. de leite morno, 125 cc. de auga morna, 350 grs. de fariña e sal.
  • Trabállase a masa coas variñas ata que se solte da cunca que estamos a usar e logo a mán durante 10 minutos.
  • Déixase repousar media hora e estírase en dúas partes co rodete.

Montaxe

  • Colócase a metade da masa nunha fonte de forno engraxada.
  • Pínchase a masa cun garfo e esténdese sobre ela o recheo.
  • Cúbrese coa otra metade da masa, que tamén hai que pinchar, e fáiselle un buraco no centro a xeito de cheminea.
  • Sélanse as dúas partes e adórnase cos restos da masa e enfórnase durante media hora a 180º.

Nutrición

Calorías: 903.17kcal | Carbohidratos: 52.98g | Proteínas: 113.83g | Graxa: 22.89g | Graxa saturada: 3.75g | Graxa trans: 0.01g | Colesterol: 301.29mg | Sodio: 12128.04mg | Potasio: 2699.55mg | Fibra: 3.56g | Azucre: 4.51g | Vitamina A: 1474.8IU | Vitamina C: 57.16mg | Calcio: 308.83mg | Ferro: 7.58mg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio