Mexillóns en vinagreta

Calories: 190.09kcal
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 1 kg mexillón
- 1 pemento encarnado pequeno
- 1 pemento verde pequeno
- 1 cebola pequena
- pemento doce
- aceite de oliva
- vinagre
- sal
Instrucións paso a paso
- Límpanse ben os mexillóns, sacándolles as barbas e lavándoos ben en auga.
- Ábrense nun pouco de auga fervendo e retíraselles unha das cunchas.
- A salsa prepárase mesturando dúas partes de aceite cunha de vinagre, 1 culleradiña de pemento doce e os pementos e a cebola, todos ben picados.
- Mestúrase todo moi ben, cubrindo os mexillóns con esta salsa na súa cuncha.
Nutrición
Calorías: 190.09kcal | Carbohidratos: 8.59g | Proteínas: 15.78g | Graxa: 10.03g | Graxa saturada: 1.54g | Colesterol: 35.7mg | Sodio: 948.79mg | Potasio: 518.01mg | Fibra: 1.18g | Azucre: 2.02g | Vitamina A: 1098.31IU | Vitamina C: 50.02mg | Calcio: 42.12mg | Ferro: 5.38mg