Empanada de bonito

Empanada de bonito

Prato: Aperitivo, Primeiro prato
Cociña: Galega
Keyword: bonito, empanada
Calorías: 510.49kcal

Preparación: 30 minutes
Tempo de cocción: 30 minutes
Tempo de repouso: 30 minutes
Total Time: 1 hour 30 minutes
Persoas 6 persoas

Ingredientes

Recheo

  • 250 g cebola
  • 1 pemento encarnado
  • 500 g bonito (se non o hai fresco, serve en conserva)
  • aceite de oliva
  • sal

Masa

  • 100 ml aceite de oliva (de preparar o recheo)
  • 50 ml leite (tibia)
  • 30 g fermento de panadaría
  • 350 g fariña
  • 125 ml auga (tibia)
  • 1 cdiña sal

Instrucións paso a paso

Recheo

  • Prepárase o recheo da empanada facendo un guiso cos pementos e a cebola cortados á xuliana e o bonito troceado (se é en conserva non o engadiremos ata ir a rechear a empanada).

Masa

  • Prepárase co aceite sobrante de guisa-lo recheo (100 cc.), o fermento de panadaría, 125 cc. de leite morno, 125 cc. de auga morna, 350 grs. de fariña e sal.
  • Trabállase a masa coas variñas ata que se solte da cunca que estamos a usar e logo a mán durante 10 minutos.
  • Déixase repousar media hora e estírase en dúas partes co rodete.

Montaxe

  • Colócase a metade da masa nunha fonte de forno engraxada.
  • Pínchase a masa cun garfo e esténdese sobre ela o recheo.
  • Cúbrese coa otra metade da masa, que tamén hai que pinchar, e fáiselle un buraco no centro a xeito de cheminea.
  • Sélanse as dúas partes e adórnase cos restos da masa. Enfórnase durante media hora a 180º.

Nutrición

Calorías: 510.49kcal | Carbohidratos: 50.45g | Proteínas: 26.73g | Graxa: 21.77g | Graxa saturada: 3.63g | Colesterol: 32.5mg | Sodio: 429.87mg | Potasio: 400.57mg | Fibra: 2.95g | Azucre: 2.86g | Vitamina A: 2219.66IU | Vitamina C: 18.84mg | Calcio: 37.26mg | Ferro: 3.96mg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio