Empanada de bonito

Calories: 510.49kcal
Servings 6 persoas
Ingredientes
Recheo
- 250 g cebola
- 1 pemento encarnado
- 500 g bonito (se non o hai fresco, serve en conserva)
- aceite de oliva
- sal
Masa
- 100 ml aceite de oliva (de preparar o recheo)
- 50 ml leite (tibia)
- 30 g fermento de panadaría
- 350 g fariña
- 125 ml auga (tibia)
- 1 cdiña sal
Instrucións paso a paso
Recheo
- Prepárase o recheo da empanada facendo un guiso cos pementos e a cebola cortados á xuliana e o bonito troceado (se é en conserva non o engadiremos ata ir a rechear a empanada).
Masa
- Prepárase co aceite sobrante de guisa-lo recheo (100 cc.), o fermento de panadaría, 125 cc. de leite morno, 125 cc. de auga morna, 350 grs. de fariña e sal.
- Trabállase a masa coas variñas ata que se solte da cunca que estamos a usar e logo a mán durante 10 minutos.
- Déixase repousar media hora e estírase en dúas partes co rodete.
Montaxe
- Colócase a metade da masa nunha fonte de forno engraxada.
- Pínchase a masa cun garfo e esténdese sobre ela o recheo.
- Cúbrese coa otra metade da masa, que tamén hai que pinchar, e fáiselle un buraco no centro a xeito de cheminea.
- Sélanse as dúas partes e adórnase cos restos da masa. Enfórnase durante media hora a 180º.
Nutrición
Calorías: 510.49kcal | Carbohidratos: 50.45g | Proteínas: 26.73g | Graxa: 21.77g | Graxa saturada: 3.63g | Colesterol: 32.5mg | Sodio: 429.87mg | Potasio: 400.57mg | Fibra: 2.95g | Azucre: 2.86g | Vitamina A: 2219.66IU | Vitamina C: 18.84mg | Calcio: 37.26mg | Ferro: 3.96mg