Arroz con leite

Calories: 459.47kcal
Servings 3 persoas
Ingredientes
- 100 g arroz
- 1 l leite
- 100 g azucre
- 1 codia de limón
- 1 rama canela
- 1 cdiña canela en po
Instrucións paso a paso
- Ponse a cocer o leite coa codia dun limón, un pao de canela e o azucre.
- Ao ferver o leite, incorpórase o arroz. Cócese, sen deixar de remexer, ata que estea brando.
- Retírase do lume e sácanse a canela e a codia do limón.
- Se é necesario pódese utilizar máis leite xa que ten que quedar caldoso e, ao enfriar, o arroz segue absorbendo o líquido.
- Sérvese empoado con canela en po.
Nutrición
Calorías: 459.47kcal | Carbohidratos: 77.77g | Proteínas: 12.98g | Graxa: 11.08g | Graxa saturada: 6.28g | Colesterol: 33.33mg | Sodio: 145.64mg | Potasio: 490.1mg | Fibra: 1.62g | Azucre: 50.26g | Vitamina A: 546.41IU | Vitamina C: 2.65mg | Calcio: 407.38mg | Ferro: 0.55mg