Empanada de polo

Empanada de polo

Prato: Aperitivo, Primeiro prato
Cociña: Galega
Keyword: empanada, polo
Calorías: 425.37kcal

Preparación: 1 hour
Tempo de cocción: 40 minutes
Total Time: 1 hour 40 minutes
Eu fixen a masa na Thermomix pero as instrucións da receita explican como se fai a man para aqueles que non dispoñan dun aparello semellante.
Usei só unha cebola e un pemento porque me gustan as empanadas máis ben secas, pero pode aumentarse a cantidade ao gusto de cada quen.
Persoas 8 persoas

Ingredientes

Masa

  • 150 g auga
  • 50 g viño branco
  • 100 g aceite de oliva de facer o recheo
  • 500 g fariña sobre
  • 20 g fermento de panadaría
  • sal

Recheo

  • 500 g polo en filetes
  • 1 cebola
  • 1 pemento encarnado
  • aceite de oliva

Instrucións paso a paso

Recheo

  • Primeiro faremos o recheo porque necesitaremos o aceite resultante para facer a masa.
  • Nunha tixola, dourar os filetes de polo adobados con sal de allo. Retirar e reservar.
  • Na mesma tixola engadir máis aceite e pochar a cebola e o pemento troceados ata que estean brandos.
  • Mentres, trocear os filetes e engadirlles o pemento e a cebola escoados do aceite, que se usará para a masa. Reservar este recheo e deixar arrefriar.

Masa

  • Desfacer o fermento na auga, que debe estar morna.
  • Nun bol, mesturar todos os ingredientes líquidos e o sal.
  • Ir engadindo a fariña ata formar unha bola que se despegue das paredes.
  • Amasar sobre unha superficie enfariñada ata obter unha masa uniforme. Deixar repousar durante cinco minutos cuberta cun pano.

Montaxe

  • Cortar a masa en dúas metades, unha un pouco máis grande cá outra.
  • Estirar a metade máis grande e poñela sobre unha bandeira de forno, percurando que sobre masa polos laterais. Convén utilizar como base un papel de forno ou unha lámina tipo Silpat para evitar que se pegue a empanada. Neste caso eu usei un Silpat sobre o que estirei a masa e logo coloqueino directamente sobre a bandeixa.
  • Estender o recheo sobre a base da empanada.
  • Estirar a outra metade da masa e cubrir a empanada. Selar os bordes dobrando a masa sobrante dos laterais da base sobre a tapa.
  • Facer un buraco no medio a modo de chimenea e pintar con ovo batido toda a superficie.
  • Enfornar a 200ºC durante 30 minutos.

Nutrición

Calorías: 425.37kcal | Carbohidratos: 50.15g | Proteínas: 20.18g | Graxa: 14.82g | Graxa saturada: 2.19g | Graxa trans: 0.01g | Colesterol: 40mg | Sodio: 367.61mg | Potasio: 357.37mg | Fibra: 2.32g | Azucre: 1.2g | Vitamina A: 308.64IU | Vitamina C: 13.58mg | Calcio: 18.21mg | Ferro: 3.37mg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio