Raxo asado en tarteira

Calories: 485.64kcal
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 1 kg raxo
- 1 vaso viño branco
- 1 cebola pequena
- allo en po
- aceite de oliva
- sal
Instrucións paso a paso
- Límpase o lombo de porco do exceso de graxa, adóbase co allo en po e sálgase.
- Nunha tarteira ponse aceite a quentar e dóurase a peza de lombo ata que colla unha cor tostada por tódolos lados. Resérvase.
- No mesmo aceite dóurase a cebola cortada á xuliana pequena. Unha vez dourada engádese un pouco de viño para desgraxar a tarteira.
- Incorpórase o raxo e engádese o resto do viño.
- Déixase facer a lume mediano ata que estea tenro, dándolle a volta á metade da cocción.
Nutrición
Calorías: 485.64kcal | Carbohidratos: 4.65g | Proteínas: 56.54g | Graxa: 20.68g | Graxa saturada: 4.58g | Colesterol: 157.5mg | Sodio: 708.98mg | Potasio: 1027.23mg | Fibra: 0.48g | Azucre: 1.36g | Vitamina A: 0.35IU | Vitamina C: 1.32mg | Calcio: 23.97mg | Ferro: 1.73mg