Empanada de zorza

Empanada de zorza

Prato: Primeiro prato
Cociña: Galega
Keyword: empanada, zorza
Calorías: 783.75kcal

Preparación: 1 hour
Tempo de cocción: 50 minutes
Total Time: 1 hour 50 minutes
Empanada feita con zorza que é como se chama en Galicia á carne de porco picada coa que se fan os chourizos
Persoas 6 persoas

Ingredientes

Recheo

  • 750 g zorza
  • 2 cebola
  • 100 g aceite de oliva

Masa

  • 500 g fariña
  • 100 g aceite de oliva de facer o recheo
  • 200 g auga
  • 20 g fermento de panadaría
  • 1 cdiña sal
  • 1 cdiña azucre

Instrucións paso a paso

RECHEO

  • Nunha tixola con aceite sofrixir, lentamente, a cebola cortada á xuliana.
  • Cando a cebola estea branda engadir a zorza e sofrixir lixeiramente pois acabará de facerse no forno.
  • Escoar o rustrido e reservar 100 g do aceite para facer a masa.

MASA

  • Nunha cunca ponse o medio quilo de fariña e se fai un oco no medio.
  • Dentro botánse a auga morna co sal, o azucre, o aceite de preparar o recheo e o fermento desmiuzado.
  • Mestúrase e trabállase todo ben ata que a masa se despegue fácilmente das máns .
  • Formar unha bola. Cubrir cun pano e deixar repousar media hora.

DOUGH (in Thermomix)

  • Poñer no vaso 200 g de auga, 100 g de aceite de facer a zaragallada, o azucre e o sal.
  • Programar 1 minuto / 40ºC / velocidade 2.
  • Logo, engadir 500 g de fariña forte e o fermento desmiuzado. Programar 2 minutos a velocidade espiga.
  • Sacar a masa do vaso e traballar á man para formar unha bola. Deixar repousar, tapada, durante 30 minutos.

MONTAXE

  • Divídese a masa en dous anacos que se estiran en forma rectangular.
  • Nunha bandeixa de forno previamente engraxada con aceite e enfariñada (ou cuberta con papel de forno), colócase unha das metades da masa e sobre ela o recheo.
  • Tápase coa outra metade e selase polos bordos dobrando a parte inferior sobre a superior, na a que debe facerse, no medio, un buraco a modo de cheminea.
  • Cos restos da masa pódense facer uns adornos.
  • Píntase con ovo batido e métese no forno, con calor por arriba e por abaixo, a 200º durante 40-45 minutos.

Nutrición

Calorías: 783.75kcal | Carbohidratos: 68.29g | Proteínas: 37.28g | Graxa: 39.32g | Graxa saturada: 6.32g | Colesterol: 78.75mg | Sodio: 455.3mg | Potasio: 630.66mg | Fibra: 3.14g | Azucre: 2.44g | Vitamina A: 0.73IU | Vitamina C: 2.72mg | Calcio: 29.4mg | Ferro: 4.92mg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio