Empanada de zorza

Calories: 783.75kcal
Empanada feita con zorza que é como se chama en Galicia á carne de porco picada coa que se fan os chourizos
Servings 6 persoas
Ingredientes
Recheo
- 750 g zorza
- 2 cebola
- 100 g aceite de oliva
Masa
- 500 g fariña
- 100 g aceite de oliva de facer o recheo
- 200 g auga
- 20 g fermento de panadaría
- 1 cdiña sal
- 1 cdiña azucre
Instrucións paso a paso
RECHEO
- Nunha tixola con aceite sofrixir, lentamente, a cebola cortada á xuliana.
- Cando a cebola estea branda engadir a zorza e sofrixir lixeiramente pois acabará de facerse no forno.
- Escoar o rustrido e reservar 100 g do aceite para facer a masa.
MASA
- Nunha cunca ponse o medio quilo de fariña e se fai un oco no medio.
- Dentro botánse a auga morna co sal, o azucre, o aceite de preparar o recheo e o fermento desmiuzado.
- Mestúrase e trabállase todo ben ata que a masa se despegue fácilmente das máns .
- Formar unha bola. Cubrir cun pano e deixar repousar media hora.
DOUGH (in Thermomix)
- Poñer no vaso 200 g de auga, 100 g de aceite de facer a zaragallada, o azucre e o sal.
- Programar 1 minuto / 40ºC / velocidade 2.
- Logo, engadir 500 g de fariña forte e o fermento desmiuzado. Programar 2 minutos a velocidade espiga.
- Sacar a masa do vaso e traballar á man para formar unha bola. Deixar repousar, tapada, durante 30 minutos.
MONTAXE
- Divídese a masa en dous anacos que se estiran en forma rectangular.
- Nunha bandeixa de forno previamente engraxada con aceite e enfariñada (ou cuberta con papel de forno), colócase unha das metades da masa e sobre ela o recheo.
- Tápase coa outra metade e selase polos bordos dobrando a parte inferior sobre a superior, na a que debe facerse, no medio, un buraco a modo de cheminea.
- Cos restos da masa pódense facer uns adornos.
- Píntase con ovo batido e métese no forno, con calor por arriba e por abaixo, a 200º durante 40-45 minutos.
Nutrición
Calorías: 783.75kcal | Carbohidratos: 68.29g | Proteínas: 37.28g | Graxa: 39.32g | Graxa saturada: 6.32g | Colesterol: 78.75mg | Sodio: 455.3mg | Potasio: 630.66mg | Fibra: 3.14g | Azucre: 2.44g | Vitamina A: 0.73IU | Vitamina C: 2.72mg | Calcio: 29.4mg | Ferro: 4.92mg
