Espaguetes con verduras

Calories: 352.17kcal
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 250 g espaguetes
- 2 dente allo
- 1 ceboliña
- 3 porro grandes
- 1 pemento verde
- aceite de oliva
- auga
- sal
Instrucións paso a paso
- Cocer a pasta en moita auga salgada e un pouco de aceite. Escoar e reservar.
- Mentres se coce a pasta, picamos as verduras.
- Dourar o allo fileteado en aceite de oliva.
- Engadir a ceboliña, despois os porros e, finalmente, os pementos, deixándoos cocer ata que estean tenros.
- Engadir os espaguetes e mesturar ben.
- Servir quente. Pódese empoar con queixo relado.
Nutrición
Calorías: 352.17kcal | Carbohidratos: 60.23g | Proteínas: 9.74g | Graxa: 8.22g | Graxa saturada: 1.2g | Sodio: 19.32mg | Potasio: 353.81mg | Fibra: 4.18g | Azucre: 6.16g | Vitamina A: 1223.39IU | Vitamina C: 34.12mg | Calcio: 62.78mg | Ferro: 2.42mg
