Espetos de peixe sapo

Calories: 189.85kcal
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 300 g peixe sapo
- 1 cda aceite de oliva
- 2 cdiña pemento doce
- ½ folla loureiro
- 1 cdiña tomiño
- 2 cogomelo de cardo
- cabaciña
- pementa branca
- sal groso
Instrucións paso a paso
- Nun bol botamos o aceite, dúas culleradiñas de pemento doce , sal groso, media folla de loureiro picada e un chisco de tomiño.
- Nesta mestura ponse o peixe sapo cortado en anacos grosos e déixase repousar media hora.
- Logo, móntanse os espetos alternando os anacos de peixe sapo coas setas e o cabaciña, engádeselles pementa branca recién moída e fanse nunha prancha quente ata lograr o punto desexado.
Nutrición
Calorías: 189.85kcal | Carbohidratos: 2.73g | Proteínas: 22.57g | Graxa: 9.69g | Graxa saturada: 1.56g | Colesterol: 37.5mg | Sodio: 1194.53mg | Potasio: 735.08mg | Fibra: 1.35g | Azucre: 0.8g | Vitamina A: 1123.14IU | Vitamina C: 5.48mg | Calcio: 32.59mg | Ferro: 1.88mg