Bonito encebolado

Calories: 534.72kcal
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 300 g bonito en toros
- 1 cebola mediana
- 1 vaso viño branco
- aceite de oliva
- sal
Instrucións paso a paso
- Nunha tarteira con aceite quente márcase o bonito previamente sazonado. Retírase e resérvase.
- Nese mesmo aceite, se é necesario pode engadirse un pouco máis, dóurase a cebola e a continuación icorpórase o viño branco, remexendo para recoller ben a sustancia do bonito.
- De seguida engádese este, deixando reducir o prebe ata que a cebola adquira un ton caramelizado, dádolle a volta ao bonito á metade de tempo para que se faga polos dous lados.
Nutrición
Calorías: 534.72kcal | Carbohidratos: 6.7g | Proteínas: 35.64g | Graxa: 35.41g | Graxa saturada: 5.78g | Colesterol: 57mg | Sodio: 2389.74mg | Potasio: 501.66mg | Fibra: 0.94g | Azucre: 2.91g | Vitamina A: 3275.6IU | Vitamina C: 4.07mg | Calcio: 31.77mg | Ferro: 1.98mg