Doce de marmelo

Calories: 222kcal
Servings 10 persoas
Ingredientes
- 500 g marmelo pelados e sen sementes
- 500 g azucre
- auga
Instrucións paso a paso
- Póñense a cocer os marmelos troceados coa auga xusta para non se pegar ao fondo.
- Cando estean tenros retíranse do lume e tritúranse coa batedora.
- Volven a poñerse ao lume e incorpórase o azucre, deixando cocer todo xunto uns 40 minutos e remexendo case constantemente para que non se pegue.
- Retírase do lume e vérquese nun molde.
- Déixase arrefriar e repousar un ou dous días para que calle ben.
Nutrición
Calorías: 222kcal | Carbohidratos: 57.64g | Proteínas: 0.2g | Graxa: 0.05g | Graxa saturada: 0.01g | Sodio: 2.5mg | Potasio: 99.5mg | Fibra: 0.95g | Azucre: 49.9g | Vitamina A: 20IU | Vitamina C: 7.5mg | Calcio: 6mg | Ferro: 0.38mg