Lombos de dourada ao forno con patacas panadeira

Calories: 788.15kcal
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 2 dourada de ración
- 1 pemento encarnado
- 1 pemento verde
- 2 dente allo
- 2 cebola
- 1 cenoria
- 4 pataca
- pementa
- sal
- aceite de oliva
- limón
Instrucións paso a paso
- Límpanse e filetéanse as douradas, e coas espiñas, as peles e as cabezas prepárase un caldo de peixe engadíndolle unha cebola, una cenoria e uns gráns de pementa.
- Mentres, córtanse as patacas en rodas, frítense, deixándoas a medio facer, e colócanse nunha fonte de forno.
- Córtanse as verduras en xuliana e refóganse a lume lento; cando estean feitas, colócanse sobre as patacas.
- Cúbrense as patacas e as verduras co caldo de peixe e por riba colócanse os lombos de dourada sazonados e aliñados con aceite e zume de limón.
- Enfornar durante 20 minutos a 200º.
Nutrición
Calorías: 788.15kcal | Carbohidratos: 74.44g | Proteínas: 8.91g | Graxa: 0.68g | Graxa saturada: 0.18g | Sodio: 2435.03mg | Potasio: 2691.82mg | Fibra: 11.3g | Azucre: 9.6g | Vitamina A: 6404.64IU | Vitamina C: 151.95mg | Calcio: 84.56mg | Ferro: 3.33mg