Mexillóns estilo vieira

Calories: 178.05kcal
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 500 g mexillón
- 1 cebola pequena
- 1 tomate grande
- 30 g xamón serrano cortado en cubos moi pequenos
- 1 chorriño viño branco
- 1 chorriño brandy
- 1 chorriño caldo de abrir os mexillóns
Instrucións paso a paso
- Limpar os mexillóns, abrilos, retirar unha das cunchas, e dispoñer nunha fonte de forno.
- Pódese gardar un pouco de caldo, coado, para engadir á salsa.
- Nunha tixola cun fondo de aceite, refogar a cebola picada moi fina, practicamente triturada, sazonar e deixala facer moi lentamente para que non se queime pero que quede ben feita.
- Engadir o tomate triturado ou picado moi miúdo, sen a pel nin as sementes, e sazonar.
- Cando falten uns minutos para que estea feito, engadir o viño, o coñac e o chorriño de caldo de abrir os mexillóns (isto é optativo porque pode darlle un sabor demasiado forte).
- Deixar reducir ata que quede un pouco espesa a salsa e, entón, engadir o xamón moi picadiño. O xamón engádese ao final para que non salgue demasiado a salsa.
- Poñer un pouco de salsa encima dos mexillóns e gratinar no forno uns minutos.
- Pódeselle botar un pouco de pan relado por enriba y gratinar ata que estea tostado, dependendo do espesa que resulte a salsa.
Nutrición
Calorías: 178.05kcal | Carbohidratos: 11.53g | Proteínas: 19.59g | Graxa: 5.59g | Graxa saturada: 1.48g | Colesterol: 45mg | Sodio: 548.68mg | Potasio: 718.03mg | Fibra: 1.69g | Azucre: 3.88g | Vitamina A: 962.73IU | Vitamina C: 25.25mg | Calcio: 51.4mg | Ferro: 5.49mg