Polbo á feira

Polbo á feira

Prato: Aperitivo, Primeiro prato
Cociña: Galega
Keyword: polbo
Calorías: 341.45kcal

Tempo de cocción: 22 minutes
Tempo de repouso: 20 minutes
Total Time: 42 minutes
Para facer o polbo á feira é recomendable utilizar un polbo conxelado pois así evitamos ter que mazalo e non nos arriscamos a que saia duro. A conxelación fai que rompan as fibras que son as que impiden abrandar o polbo. Podemos mercalo xa conxelado ou facelo nós mesmos, manténdoo así durante 2 ou 3 días. Unha vez desconxelado hai que lavalo, sobre todo para eliminar das ventosas dos tentáculos a posible area que poidan ter.
Unha cousa importante é “asustalo” ao ir cocelo. O susto consiste en mergullalo na auga fervendo e sacalo tres veces. Á cuarta déixase na auga para cocelo. A razón de facer isto é que non solte a pel. Non sei se esta operación ten unha base empírica. Eu nunca cocín un polbo sen facelo así que non podo asegurar que sexa imprescindible.
Outra cousa para ter en conta é que se pon a cocer en auga soa, sen sal, sen loureiro, sen cebola ou calquera outra cousa que se nos ocorra. O sal pónselle despois de cocelo, ao facer a receita.
O pulpo á feira é o prato de polbo máis típico de Galicia. O de “á feira” venlle porque é así como o poñen en todas as feiras de Galicia.
Persoas 2 persoas

Ingredientes

  • 500 g polbo
  • 1 cda pemento doce
  • 1 cdña pemento picante
  • 2 cda aceite de oliva
  • sal groso

Instrucións paso a paso

  • Unha vez desconxelado e lavado o polbo, poñer a ferver abundante auga sen sal (sálgase unha vez cocido).
  • Cando a auga está a ferver, e collendo o polbo pola cabeza, mergullalo tres veces na auga (meténdoo e sacándoo) para que non solte a pel. Á cuarta vez deixalo na auga para cocer.
  • Cociñar entre 20 e 30 minutos, dependendo do tamaño do polbo.
  • Unha vez cocido, retirar a pota do lume e deixar repousar un intre (10 a 15 minutos), escoar e cortar cunhas tesoiras.
  • O típico é servilo en prato de madeira, pero o importante é aderezalo con sal groso, aceite e pemento.
  • Dependendo do forte que o queiramos o pemento pode ser picante, doce ou unha mestura dos dous.

Nutrición

Calorías: 341.45kcal | Carbohidratos: 7.93g | Proteínas: 37.91g | Graxa: 17.18g | Graxa saturada: 2.6g | Colesterol: 120mg | Sodio: 578.34mg | Potasio: 977.74mg | Fibra: 1.57g | Azucre: 0.46g | Vitamina A: 2591.43IU | Vitamina C: 12.54mg | Calcio: 142.94mg | Ferro: 14.28mg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio