Riles ao xerez

Calories: 250.47kcal
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 500 g riles de tenreira
- 1 cebola mediana
- 2 dente allo
- 1 copa xerez
- 1 cdiña fariña
- 2 cda aceite de oliva
- 1 cdiña pemento doce
- sal
Instrucións paso a paso
- Lávanse ben os riles varias veces, córtanse en anacos e póñense durante un rato nunha tixola seca, a lume non moi forte, para os desorinar.
- Lávanse outra vez e escóanse.
- Nunha pota cun fondo de aceite, douranse os allos e a cebola picados moi finos.
- Unha vez dourados, engádense unha culleradiña de pemento doce e os riles. Sálgase e déixase cocer 10 minutos.
- Logo engádese un pouco de fariña, para ligar a salsa, refogándoa para que non saiba a cru.
- Incorpórase o xerez e déixase cocer todo xunto de 5 a 8 minutos.
Nutrición
Calorías: 250.47kcal | Carbohidratos: 5.61g | Proteínas: 22.31g | Graxa: 10.97g | Graxa saturada: 2.08g | Graxa trans: 0.13g | Colesterol: 513.75mg | Sodio: 1395.03mg | Potasio: 427.8mg | Fibra: 0.69g | Azucre: 1.8g | Vitamina A: 1993.2IU | Vitamina C: 14.26mg | Calcio: 32.61mg | Ferro: 6.17mg