Tigres rabiosos (Mexillóns picantes)

Calories: 369.19kcal
Servings 3 persoas
Ingredientes
- 1 kg mexillón
- 50 g aceite de oliva
- 500 g tomate pelados e triturados
- 2 dente allo
- 1 cebola pequena
- caldo de abrir os mexillóns
- ½ vaso viño branco
- 1 chile
Instrucións paso a paso
- Abrir os mexillóns nun fondo de auga fervendo e deixar que cozan un 10 minutos.
- Quitarlles unha cuncha e reservar.
- Coar o caldo e reservar.
- No aceite, sofritir o allo e a cebola moi picadiños.
- Engadir o tomate triturado, salgar e deixar fritir uns 10 minutos.
- Incorporar o chile, o viño e o ½ vaso de caldo que reserváramos.
- Deixar reducir, cocendo outros 10 minutos aproximadamente. Rectificar de sal.
- Colocar os mexillóns nunha fonte e servir coa salsa por encima.
Nutrición
Calorías: 369.19kcal | Carbohidratos: 16.75g | Proteínas: 22.12g | Graxa: 20.85g | Graxa saturada: 3.08g | Colesterol: 47.6mg | Sodio: 498.29mg | Potasio: 1012.77mg | Fibra: 2.49g | Azucre: 5.85g | Vitamina A: 1705.13IU | Vitamina C: 38.84mg | Calcio: 73.7mg | Ferro: 7.46mg