Ollomol ao forno

Calories: 487.56kcal
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 2 ollomol de ración
- 1 copa viño branco
- aceite de oliva virxe
- pan relado
- manteiga
- 1 cebola pequena
- sal
Instrucións paso a paso
- Una vez limpos os ollomoles, sálganse e se lles fai un par de cortes transversais.
- Cúbrese con aceite de oliva unha fonte de forno e, posta ao lume, dourase nela a cebola cortada á xuliana.
- Colócanse os ollomoles na fonte regándoos cun vaso de viño do Ribeiro branco.
- En cada un dos cortes realizados previamente introdúcense uns taquiños de manteiga, bótaselles pan relado e colócanse sobre os ollomoles uns anaquiños máis de manteiga.
- En cada corte pode introducirse una rodade limón.
- Enfórnanse durante 45 minutos aproximadamente (dependendo do tamaño) a 160º-180º.
Nutrición
Calorías: 487.56kcal | Carbohidratos: 7.26g | Proteínas: 53.59g | Graxa: 25.03g | Graxa saturada: 3.3g | Graxa trans: 0.08g | Colesterol: 5.38mg | Sodio: 2682.35mg | Potasio: 72.62mg | Fibra: 0.82g | Azucre: 1.94g | Vitamina A: 63.18IU | Vitamina C: 2.59mg | Calcio: 20.71mg | Ferro: 0.46mg