Vieiras ao forno á galega

Calories: 265.03kcal
Esta receita de vieiras ao forno é tradicional de Galicia. Como en todas as receitas, ten as súas variantes segundo o costume de cada casa. Pódese facer con tomate ou sen tomate, con pemento ou sen pemento, con xamón ou sen xamón e incluso sen pan relado.
Eu fágoa como me ensinou miña nai e como sempre se facía na miña familia: con tomate, con xamón e con pan relado pero sen pemento. Ela poñía, ademais, en cada unha das vieiras unha culleradiña de coñac para que fosen macerándose mentres preparaba a salsa Eu fago o mesmo.
Espero que vos guste.
Servings 3 persoas
Ingredientes
- 6 vieira
- 1 chorriño coñac
- 3 cda aceite de oliva
- 1 cebola pequeno
- 400 g tomates pelado, sen sementes e triturado
- ½ copa viño branco
- 100 g xamón serrano en taquiños
- pan relado
Instrucións paso a paso
- Limpar as vieiras e reservar nas súas cunchas.
- Botarlles unha culleradiña de coñac por riba e deixalas marinar mentres se prepara a salsa.
- Dourar a cebola, ralada ou ben picada, a lume lento.
- A continuación, engadir o tomate pelado e triturado, o sal (coidado, engadirase xamón máis tarde) e un chisco de azucre.
- Deixar cocer ata que espese. A continuación, engadir o viño branco e deixar reducir.
- Engadir o xamón e refogalo uns segundos para que non se salgue demasiado.
- Cubrir as vieiras coa salsa e empoar con pan relado.
- Enfornar 12-15 minutos a 190º-200ºC
Nutrición
Calorías: 265.03kcal | Carbohidratos: 9.57g | Proteínas: 12.38g | Graxa: 20.04g | Graxa saturada: 4.02g | Colesterol: 27.87mg | Sodio: 521.69mg | Potasio: 526.63mg | Fibra: 2.22g | Azucre: 5.06g | Vitamina A: 1112.3IU | Vitamina C: 20.98mg | Calcio: 26.06mg | Ferro: 0.92mg