Fabas con xamón e tomate

Calories: 282.5kcal
As fabas con xamón e tomate son unha receita moi sinxela, especialmente se empregamos fabas cocidas. As fabas, en castelán “habas”, coñécense tamén como “habichuelas”, “judías blancas”, “alubias”… En Galicia usamos normalmente o termo “fabas” e as “Fabas de Lourenzá” son famosas por ter Indicación Xeográfica Protexida. Con elas fixen esta receita.
Como dixemos, a receita é moi sinxela se non temos que cocer as fabas. Así que o máis difícil sería facer a salsa de tomate. Animádevos a facer estas fabas con xamón e tomate que están deliciosas!
Se queres saber como cociño fabas, podes ver o vídeo das Fabas con polbo.
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 300 g fabas cocidas
- 1000 g tomate
- 1 cebola
- 200 g xamón serrano
- aceite de oliva
Instrucións paso a paso
- Dourar a cebola picada en aceite e engadir o tomate pelado e triturado. Sazonar.
- Cociñar durante aproximadamente 15 minutos.
- Engadir 1 vaso de viño e deixar evaporar o alcol.
- Engadir o xamón cortado en anacos e as fabas, xa cocidas.
- Cocer durante 2 ou 3 minutos e servir.
Nutrición
Calorías: 282.5kcal | Carbohidratos: 31.83g | Proteínas: 19.46g | Graxa: 9.38g | Graxa saturada: 3.15g | Colesterol: 31mg | Sodio: 607.1mg | Potasio: 1067.4mg | Fibra: 11.34g | Azucre: 8.02g | Vitamina A: 2083.05IU | Vitamina C: 36.96mg | Calcio: 86.58mg | Ferro: 2.94mg
