Empanada rápida de pito e porros

Calories: 482.51kcal
Unha empanada rápida e, para o meu gusto, deliciosa.
Rápida porque non hai que facer a masa xa que a que imos utilizar é comprada.
E deliciosa porque a mestura de porros e pito está espectacular. Non leva nada máis, non lle fai falta.
Resulta unha empanada moi fina, fácil de facer e moi saborosa.
Servings 6 persoas
Ingredientes
- 500 g peituga de polo en filetes
- 4 porro
- 560 g masa de empanada (2 follas de masa comprada)
- sal de allo
- aceite de oliva
- 1 ovo
Instrucións paso a paso
- Sazonar os filetes con sal de allo e fritilos lixeiramente en aceite de oliva. Reservar.
- Noutra tixola frite os porros picados en aceite de oliva, ata que estean brandos. Reservar.
- Mentres o recheo se arrefría, estendemos nunha bandeixa para forno unha folla de masa deixando o papel por baixo
- Estender os porros sobre a masa unha vez escoado o aceite.
- Poñer o polo sobre os porros (os filetes enteiros ou cortados ao gusto)
- Cubrir coa outra folla de masa e selar os bordos.
- Facer un pequeno buraco no medio como cheminea.
- Pintar con ovo batido.
- Enfornar no forno prequentado a 200ºC, calor superior e inferior, a media altura, durante 20-30 minutos ou ata que estea dourada.
- Deixar arrefriar antes de comer.
Nutrición
Calorías: 482.51kcal | Carbohidratos: 55.12g | Proteínas: 24.31g | Graxa: 19.26g | Graxa saturada: 5.01g | Graxa trans: 0.09g | Colesterol: 89.78mg | Sodio: 500.61mg | Potasio: 274.42mg | Fibra: 3.4g | Azucre: 2.34g | Vitamina A: 1145.35IU | Vitamina C: 8.45mg | Calcio: 48.28mg | Ferro: 5.49mg
