Xamonciños de pavo con cardo

Calories: 272.34kcal
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 2 xamonciños de pavo 250 g cada un
- 2 dente allo
- 600 g cardo
- caldo de verduras resultante da cocción do cardo
- 1 cda fariña
- 2 cda aceite de oliva
- sal
- 1 cdiña allo en po
Instrucións paso a paso
- Límpase o cardo de fíos e cócese ata que estea tenro, reservando o caldo da cocción.
- Sazónanse os dous xamonciños e alíñanse co allo en po e aceite de oliva, para asalos no forno a 190º durante media hora (15 minutos cada lado).
- Mentres, nunha tixola, douranse os dous dentes de allo laminados, engádeselles unha cullerada de fariña e, co caldo da cocción, lígase unha salsa na que se manterá quente o cardo.
- Cando os xamonciños estean listos, sérvense acompañados do cardo.
Nutrición
Calorías: 272.34kcal | Carbohidratos: 4.94g | Proteínas: 17.86g | Graxa: 19.92g | Graxa saturada: 3.74g | Colesterol: 61.92mg | Sodio: 77.76mg | Potasio: 472mg | Fibra: 1.3g | Azucre: 0.13g | Vitamina A: 2.94IU | Vitamina C: 2.96mg | Calcio: 57.13mg | Ferro: 1.89mg