Champiñóns recheos de Espaguete de Mar

Calories: 199.11kcal
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 6 champiñón fermosos
- 1 allos tenros
- 5 g alga Espaguete de Mar desecadas (equivalen a 50 gr. unha vez hidratadas)
- 2 cda aceite de oliva
- sal
Instrucións paso a paso
- Hidratar as algas en auga con sal durante 10 minutos.
- Escoar e cocer durante outros 10 minutos, tamén en auga con sal.
- Escoar e reservar.
- Baleirar os champiñóns e reservar a carne dos pedúnculos, cortándoa moi miúda.
- Enfornar os champiñóns durante 10 minutos a lume medio nunha fonte untada con manteiga ou aceite.
- Mentres, nunha tixola cun fondo de aceite, moi lentamente, refogar o alliño tenro e a carne picada dos champiñóns.
- Cando estea practicamente feita, engadir as algas picadas e refogar un pouco máis.
- Encher os champiñóns con esta mestura e volver a enfornar outros 10 minutos máis o menos.
- Pode poñerse un pouquiño de queixo relado por encima. Servir quentes
Nutrición
Calorías: 199.11kcal | Carbohidratos: 15.21g | Proteínas: 2.31g | Graxa: 14.26g | Graxa saturada: 1.97g | Sodio: 1179.67mg | Potasio: 2253.68mg | Fibra: 0.75g | Azucre: 1.24g | Vitamina C: 3.39mg | Calcio: 195.16mg | Ferro: 15.26mg