Champiñóns recheos de Espaguete de Mar

Champiñóns recheos de Espaguete de Mar

Prato: Aperitivo
Cociña: Galega
Keyword: algas, champiñóns
Calorías: 199.11kcal

Preparación: 15 minutes
Tempo de cocción: 30 minutes
Total Time: 45 minutes
Persoas 2 persoas

Ingredientes

  • 6 champiñón fermosos
  • 1 allos tenros
  • 5 g alga Espaguete de Mar desecadas (equivalen a 50 gr. unha vez hidratadas)
  • 2 cda aceite de oliva
  • sal

Instrucións paso a paso

  • Hidratar as algas en auga con sal durante 10 minutos.
  • Escoar e cocer durante outros 10 minutos, tamén en auga con sal.
  • Escoar e reservar.
  • Baleirar os champiñóns e reservar a carne dos pedúnculos, cortándoa moi miúda.
  • Enfornar os champiñóns durante 10 minutos a lume medio nunha fonte untada con manteiga ou aceite.
  • Mentres, nunha tixola cun fondo de aceite, moi lentamente, refogar o alliño tenro e a carne picada dos champiñóns.
  • Cando estea practicamente feita, engadir as algas picadas e refogar un pouco máis.
  • Encher os champiñóns con esta mestura e volver a enfornar outros 10 minutos máis o menos.
  • Pode poñerse un pouquiño de queixo relado por encima. Servir quentes

Nutrición

Calorías: 199.11kcal | Carbohidratos: 15.21g | Proteínas: 2.31g | Graxa: 14.26g | Graxa saturada: 1.97g | Sodio: 1179.67mg | Potasio: 2253.68mg | Fibra: 0.75g | Azucre: 1.24g | Vitamina C: 3.39mg | Calcio: 195.16mg | Ferro: 15.26mg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio