Dourada ao forno

Calories: 877.61kcal
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 2 dourada de ración
- 1 limón
- 1 copa viño branco Ribeiro
- 2 cda aceite de oliva
- pan relado
- manteiga
- 1 cebola pequena
- sal
Instrucións paso a paso
- Una vez limpas as douradas, sálganse e se lles fai un par de cortes transversais a cada unha, cortando a espiña pero sen chegar a separar os trozos.
- Cúbrese con aceite de oliva unha fonte de forno e, posta ao lume, dourase nela a cebola cortada en xuliana e déixase arrefriar para preparar as douradas antes de as meter no forno.
- Colócanse as douradas na fonte regándoas cun vaso de viño do Ribeiro branco e o zume de medio limón.
- En cada un dos cortes realizados previamente introdúcese media roda de limón, bótaselles pan relado e colócanse sobre as douradas uns anaquiños de manteiga.
- Enfórnanse durante 40 minutos aproximadamente (dependendo do tamaño) a 160º-180º.
Nutrición
Serving: 300g | Calorías: 877.61kcal | Carbohidratos: 7.27g | Proteínas: 1.08g | Graxa: 16.33g | Graxa saturada: 3.3g | Graxa trans: 0.08g | Colesterol: 5.38mg | Sodio: 1312.62mg | Potasio: 1410.54mg | Fibra: 0.88g | Azucre: 1.99g | Vitamina A: 63.23IU | Vitamina C: 2.77mg | Calcio: 20.13mg | Ferro: 0.45mg