Empanada de grelos e xamón

Calories: 526.41kcal
Servings 6 persoas
Ingredientes
Masa
- ½ vaso leite
- ½ vaso viño branco
- ½ vaso aceite de oliva
- 400 g fariña aproximadamente
- sal
Recheo
- 200 g xamón serrano
- 250 g grelos cocidos
- 2 dente allo
Instrucións paso a paso
Masa
- Nun bol mestúranse o leite, o viño e o aceite de oliva e engádese un pouco de sal.
- Vai incorporándose a fariña ata que a masa se despegue, momento no que se pasa a unha superficie lista e continúase amasando ata que non admita máis fariña. Debe quedar unha masa suave e elástica.
Recheo
- Dóuranse os allos nun pouco de aceite de oliva e incorpóranse os grelos cocidos ben escorridos e o xamón cortado en lascas non moi grosas refogándoos uns momentos. Retíranse on allon e resérvase o recheo escoado.
Montaxe
- Divídese a masa en dúas mitades, estendendo unha delas sobre unha fonte de forno engraixada ou cuberta cun papel d forno para que non se pegue.
- Esténdese o recheo sobre a masa.
- Tápase coa outra mitade da masa, tamén estendida, e sélase polos bordes facendo un burato no medio a modo de cheminea.
- Píntase con ovo batido e enfórnase a 180ºC durante 35-40 minutos aproximadamente.
Nutrición
Calorías: 526.41kcal | Carbohidratos: 55.67g | Proteínas: 15.42g | Graxa: 25.04g | Graxa saturada: 4.99g | Colesterol: 22.7mg | Sodio: 811.52mg | Potasio: 335.31mg | Fibra: 3.15g | Azucre: 1.75g | Vitamina A: 4860.95IU | Vitamina C: 25.31mg | Calcio: 118.51mg | Ferro: 4.02mg