Robaliza ao pemento

Calories: 635.88kcal
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 2 robaliza de ración
- 2 pataca
- 1 dente allo
- 1 cda pemento doce
- 1 cda pan relado
- pementa
- sal
- ½ vaso caldo de peixe
- 1 cdiña perexil picado
- ½ limón
- viño branco
- aceite de oliva
Instrucións paso a paso
- Córtanse as patacas en rodas grosas e frítense. Resérvanse.
- Límpanse as robalizas e se lles fai un corte no lombo, no que se mete unha roda de limón.
- Salpeméntanse os peixes e alíñanse co allo e o pirixel moi picados.
- Colócanse as robalizas nunha fonte de forno xunto coas patacas, e cúbrense cunha mezcla de pemento doce e pan relado.
- Logo réganse co viño branco, o caldo de peixe e un pouco de aceite e enfórnanse a 180º-200º durante 20 minutos, dependendo do tamaño dos peixes.
Nutrición
Calorías: 635.88kcal | Carbohidratos: 38.32g | Proteínas: 65.16g | Graxa: 22.87g | Graxa saturada: 3.86g | Colesterol: 272mg | Sodio: 2845.8mg | Potasio: 1720.39mg | Fibra: 5.84g | Azucre: 3.01g | Vitamina A: 2171.3IU | Vitamina C: 41.27mg | Calcio: 99.74mg | Ferro: 5.48mg