Albóndegas en salsa

Calories: 711.35kcal
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 200 g carne de tenreira
- 200 g carne de porco
- 3 dente allo
- 2 cebola pequenas
- 2 ovo
- leite
- fariña
- pan relado
- perexil picado
- 1 cenoria
- 1 pemento encarnado
- 3 tomate
- viño branco
- ourego seco
- sal
- azucre
- aceite de oliva
Instrucións paso a paso
- Para preparar as albóndegas faise un picadiño coas carnes, 1 cebola, 1 dente de allo, o pirixel picado, os 2 ovos, un chorriño de leite e pan relado.
- Envólvense en fariña, frítense e resérvanse.
- Nunha tixola prepárase a salsa de cinco verduras: 1 pemento vermello, 1 cebola, 1 cenoria e 2 dentes de allo.
- Antes de engadir os 3 tomates pelados e limpos de pepiñas, incorpórase unha cullerada de fariña, viño branco e sal e, xa cos tomates, unha pizca de azucre.
- Déixanse cocer tódalas verduras 15 minutos e logo tritúranse e cóanse.
- Na salsa resultante, que se condimenta con ourego, cócense as albóndegas de 20 a 25 minutos.
- Sérvense acompañadas de patacas fritas ou de macarróns cocidos.
Nutrición
Calorías: 711.35kcal | Carbohidratos: 22.83g | Proteínas: 46.04g | Graxa: 47.39g | Graxa saturada: 14.38g | Graxa trans: 0.01g | Colesterol: 319.18mg | Sodio: 2558.64mg | Potasio: 1479.46mg | Fibra: 5.08g | Azucre: 11.91g | Vitamina A: 2665.2IU | Vitamina C: 45.45mg | Calcio: 143.27mg | Ferro: 4.05mg