Pescada con berberechos

Pescada con berberechos

Prato: Prato principal, Primeiro prato
Cociña: Española, Galega
Keyword: berberechos, pescada
Calorías: 169.29kcal

Preparación: 20 minutes
Tempo de cocción: 15 minutes
Total Time: 35 minutes
Unha receita sinxela pero moi saborosa. O sabor danllo os berberechos xa que o seu caldo é o que se usa para cociñar a pescada.
É máis normal facer pescada con ameixas, pero a min gústanme máis os berberechos, son máis saborosos. Teñen máis sabor a mar
Persoas 2 persoas

Ingredientes

  • 4 toros pescada
  • 1 dente allo
  • 1 cebola pequena
  • 200 g berberecho
  • ½ vaso viño branco
  • auga
  • sal
  • aceite de oliva
  • perexil picado

Instrucións paso a paso

  • Lavar ben os berberechos e deixalos en auga salgada unhas horas para soltaren as areas.
  • Poñer a auga a quentar nunha pota e abrir nela os berberechos.
  • Unha vez abertos, retirar e reservar.
  • Filtrar o caldo resultante e reservar tamén.
  • Nunha tixola tipo paella ou nunha pota de barro, dourar a cebola e o allo picados nun fondo de aceite.
  • Cando estean listos, engadir o caldo de abrir os berberechos e o viño. Deixar cocer uns minutos.
  • Sazonar a pescada e engadila. Cociñar por ambos os lados ata que estea lista.
  • Engadir os berberechos e un pouco de perexil picado.

Nutrición

Calorías: 169.29kcal | Carbohidratos: 4.47g | Proteínas: 36.5g | Graxa: 0.15g | Graxa saturada: 0.01g | Sodio: 149.67mg | Potasio: 787.29mg | Fibra: 0.63g | Azucre: 1.5g | Vitamina A: 0.83IU | Vitamina C: 3.06mg | Calcio: 97.29mg | Ferro: 4.53mg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio