Luras guisadas

Luras guisadas

Prato: Prato principal, Primeiro prato
Cociña: Española, Galega
Keyword: luras, tomate
Calorías: 263.05kcal

Preparación: 15 minutes
Tempo de cocción: 30 minutes
Total Time: 45 minutes
Unha saborosa receita de luras guisadas con tomate e pemento. Vai acompañado de arroz branco. Con patacas fritas tamén son moi saborosas
Persoas 4 persoas

Ingredientes

  • 800 g luras limpo e picado
  • 1 cebola mediana
  • 3 tomate pelados e cortados en dados
  • 1 pemento verde
  • 1 dente allo
  • 1 copa viño branco
  • aceite de oliva
  • sal

Instrucións paso a paso

  • Cubrir o fondo dunha pota con aceite e refogar os allos ben picados e a cebola cortada en xuliana.
  • Antes de que comecen a coller cor, engadir o pemento picado en cadrados non moi grandes e refogar todo uns minutos.
  • Engadir os tomates pelados cortados en cadradiños moi pequenos e, cando empecen a romper, engadir as luras limpas cortadas en anacos, sofrixíndoos un pouco.
  • Engadir o viño branco, o suficiente para case tapalo e cociñar ata que as luras estean tenras.
  • Acompañar con patacas fritas ou arroz branco.

Nutrición

Calorías: 263.05kcal | Carbohidratos: 14.54g | Proteínas: 32.51g | Graxa: 3.02g | Graxa saturada: 0.76g | Colesterol: 466mg | Sodio: 97.28mg | Potasio: 833.14mg | Fibra: 1.92g | Azucre: 4.46g | Vitamina A: 944.94IU | Vitamina C: 47.49mg | Calcio: 86.89mg | Ferro: 1.92mg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio