Pescada con berberechos

Calories: 169.29kcal
Unha receita sinxela pero moi saborosa. O sabor danllo os berberechos xa que o seu caldo é o que se usa para cociñar a pescada.
É máis normal facer pescada con ameixas, pero a min gústanme máis os berberechos, son máis saborosos. Teñen máis sabor a mar
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 4 toros pescada
- 1 dente allo
- 1 cebola pequena
- 200 g berberecho
- ½ vaso viño branco
- auga
- sal
- aceite de oliva
- perexil picado
Instrucións paso a paso
- Lavar ben os berberechos e deixalos en auga salgada unhas horas para soltaren as areas.
- Poñer a auga a quentar nunha pota e abrir nela os berberechos.
- Unha vez abertos, retirar e reservar.
- Filtrar o caldo resultante e reservar tamén.
- Nunha tixola tipo paella ou nunha pota de barro, dourar a cebola e o allo picados nun fondo de aceite.
- Cando estean listos, engadir o caldo de abrir os berberechos e o viño. Deixar cocer uns minutos.
- Sazonar a pescada e engadila. Cociñar por ambos os lados ata que estea lista.
- Engadir os berberechos e un pouco de perexil picado.
Nutrición
Calorías: 169.29kcal | Carbohidratos: 4.47g | Proteínas: 36.5g | Graxa: 0.15g | Graxa saturada: 0.01g | Sodio: 149.67mg | Potasio: 787.29mg | Fibra: 0.63g | Azucre: 1.5g | Vitamina A: 0.83IU | Vitamina C: 3.06mg | Calcio: 97.29mg | Ferro: 4.53mg
