Albóndegas de grelos ao allo

Calories: 213.27kcal
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 250 g grelos
- 250 g pataca
- 2 dente allo
- fariña
- aceite de oliva
- 1 cdiña sal
Instrucións paso a paso
- Cocer as patacas enteiras e os grelos en auga con sal
- Escoar ben os grelos e picalos moi miúdos.
- Pasar as patacas polo pasapurés ata formar un pure bastante espeso.
- Mesturar ben os grelos con este puré. Se quedase demasiado espeso pódese engadir un pouco do caldo de cociñar os grelos. Deixar arrefriar.
- Coa axuda dunha culler formar boliñas coa pasta, pasalas por fariña e douralas nun pouco de aceite.
- Escoar e poñelas nunha cazola de barro ou no prato ou fonte no que se van servir.
- No mesmo aceite dourar os allos fileteados e botar esta allada por encima das albóndegas. Servir quente.
Nutrición
Calorías: 213.27kcal | Carbohidratos: 33.95g | Proteínas: 4.85g | Graxa: 7.53g | Graxa saturada: 1.09g | Sodio: 1220.63mg | Potasio: 904.59mg | Fibra: 6.87g | Azucre: 2.01g | Vitamina A: 14486.34IU | Vitamina C: 99.94mg | Calcio: 255.66mg | Ferro: 2.59mg