Anchoas en picaracha

Calories: 591.26kcal
Servings 3 persoas
Ingredientes
- 600 g anchoa
- 1 dente allo
- aceite de oliva virxe extra
- 300 g pemento morrón
- 300 g salsa de tomate e cebola
- sal
Instrucións paso a paso
- Poñer as anchoas cubertas con abundante sal gordo nun recipiente con tapa e deixalas no frigorífico ata o día seguinte.
- Lavar ben as anchoas para lles quitar o sal.
- Lavar o recipiente, volver meter nel as anchoas.
- Cubrir de auga e deixar unha hora en remollo para previr calquera exceso de sal.
- Mentres, filetear o allo e poñelo a sofrixir en aceite de oliva virxe extra.
- Trocear os pementos morróns e engadilos aos allos, deixando confeitar a lume medio.
- Escoar ben o peixe e dispoñelo nunha tarteira ampla.
- Poñer os pementos e os allos sobre as anchoas.
- Cubrir coa salsa de tomate, que ha ser ben espesa porque o peixe soltará máis auga.
- Enfornar durante 5 minutos a 200ºC.
Nutrición
Calorías: 591.26kcal | Carbohidratos: 10.59g | Proteínas: 60.22g | Graxa: 33.9g | Graxa saturada: 6.41g | Colesterol: 170mg | Sodio: 9037.08mg | Potasio: 1578.72mg | Fibra: 3.41g | Azucre: 6.96g | Vitamina A: 3168.03IU | Vitamina C: 92mg | Calcio: 484.46mg | Ferro: 12.06mg
