Empanada de atún (masa con leite)

Calories: 794.75kcal
A receita da empanada galega é moi variada, e neste caso empregamos unha masa que leva unha parte de leite. É unha masa con fermento, polo que é necesario deixala repousar para que levede.
Para facela, ademais, utilizamos unha Thermomix. Se non se ten Thermomix, ou unha máquina amasadora, e temos que facer a masa á man, convén non esquecer quentar os líquidos co fermento antes de os mesturar coa fariña.
Servings 4 persoas
Ingredientes
Recheo
- 240 g atún en aceite de oliva
- 2 cebola
- 1 pemento encarnado
Masa
- 130 g auga
- 50 g leite
- 100 g aceite de oliva virxe extra de facer o sofrito
- 20 g fermento de panadaría
- 500 g fariña forte
- 1 cdiña sal
Instrucións paso a paso
Recheo
- Cortar á xuliana as cebolas e o pemento.
- Quentar aeite de oliva virxe extra, 4 ou 5 culleradas, e sofrixir a cebola e o pemento.
- Escoar o rustrido e reservar o aceite (vai utilizarse para facer a masa).
- Mesturar o atún co rustrido e deixar repousar mentres facemos a masa.
Masa
- Poñer no vaso da Thermomix 100 g de aceite de facer a zaragallada, 130 g de auga, 50 g de leite e 20 g de fermento.
- Programa 90 segundos, 40º C, velocidade 3.
- Logo, engadir 400 g de fariña forte e unha culleradiña de sal.
- Programar 2 minutos a velocidade espiga.
- Sacar a masa do vaso e traballar á man ata integrar 100 g máis de fariña.
- Deixar repousar, tapada, durante 1 hora.
Empanada
- Prequentar o forno a 200ºC
- Dividir a masa en dúas metades e estendelas do tamaño da fonte a utilizar.
- Poña unha das metades na fonte e, sobre ela, o recheo.
- Tapar coa otra metade da masa. Selar os bordos e facer un buraco no centro.
- Pintar con ovo batido e enfornar durante 30 minutos (200ºC)
- Deixar arrefriar sobre unha reixa.
Nutrición
Calorías: 794.75kcal | Carbohidratos: 97.23g | Proteínas: 30.47g | Graxa: 30.64g | Graxa saturada: 4.78g | Colesterol: 24.05mg | Sodio: 618.86mg | Potasio: 436.99mg | Fibra: 4.63g | Azucre: 3.76g | Vitamina A: 2264.72IU | Vitamina C: 40.59mg | Calcio: 50.34mg | Ferro: 2.25mg
