Arroz con cigaliñas

Calories: 654.38kcal
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 200 g arroz
- ½ pemento encarnado troceado
- 2 dente allo picado
- ½ cebola picada
- 500 g cigala pequenas
- cogomelo troceadas
- loureiro
- perexil
- cenoria
- 3 tomate triturado
- azucre
- sal
Instrucións paso a paso
- Limpanse as cigalas, resérvanse as colas e coas cunchas e cabezas prepárase un caldo ao que lle engadimos unha folla de loureiro, media cenoria, perexil e un anaco de cebola.
- Mentres, pícanse os allos e sofrítense xunto con media cebola picada, o pemento encarnado e as setas cortadas en tacos.
- Logo, engádese o tomate triturado cunha pizca de azucre, o arroz, un pouco de pirixel picado e móllase co caldo que preparáramos coas cascas das cigalas na proporción correcta (600 cc. de caldo por 200 grs. de arroz).
- Sazónase e a media cocción engándense as coliñas de cigalas, cortadas en dous ou tres anacos, según o tamaño
- Unha vez evaporado o caldo, o arroz debería estar listo. Deixar repousar 2 ou 3 minutos.
Nutrición
Calorías: 654.38kcal | Carbohidratos: 95.61g | Proteínas: 53.84g | Graxa: 4.58g | Graxa saturada: 0.81g | Colesterol: 342.5mg | Sodio: 2603.43mg | Potasio: 1383.48mg | Fibra: 5.84g | Azucre: 8.93g | Vitamina A: 6809.85IU | Vitamina C: 68.71mg | Calcio: 198.47mg | Ferro: 4.66mg