Pescada á galega

Calories: 460.04kcal
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 4 toros pescada
- 4 pataca
- 1 cebola pequena
- sal
- 2 dente allo
- 1 cdiña pemento doce
- aceite de oliva
- 100 g chícharos cocidos
Instrucións paso a paso
- Cocer as patacas cortadas en rodas en auga con sal e a cebola.
- Cando estean casi feitas (que falten 5 minutos aproximadamente) engádese a pescada.
- Escóase todo cando estean listas as patacas, reservando un pouco de caldo.
- Nunha tixola con aceite, fritir os allos fileteados ata que estean dourados.
- Engadir entón o pemento doce, unha cullerada do caldo de cocer a pescada e uns chícharos cocidos.
- Cubrir a pescada e as patacas con esta salsa
Nutrición
Calorías: 460.04kcal | Carbohidratos: 72.11g | Proteínas: 27.53g | Graxa: 8g | Graxa saturada: 1.18g | Sodio: 2426.47mg | Potasio: 2053.86mg | Fibra: 11.87g | Azucre: 7.34g | Vitamina A: 2113.98IU | Vitamina C: 89.91mg | Calcio: 113.68mg | Ferro: 5.28mg